miércoles, 18 de junio de 2014

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN. NOTA DE PRENSA


DOCUMENTO FINAL DA CAMPAÑA: “S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!” REMITIDO AO PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DESENVOLVEU UN ACTO PÚBLICO DE PRESENTACIÓN DO DOCUMENTO FINAL DA CAMPAÑA "S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!" DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO DE A CORUÑA, HOXE, MERCORES DÍA 18 DE XUÑO.

ESTE DOCUMENTO SERÁ REMITIDO DENDE O REXISTRO DESA INSTANCIA
ADMINISTRATIVA AO PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO ESPANOL PARA A
SÚA CONSIDERACIÓN E ESTUDO DE CARA A MELLORAR ÁS POLÍTICAS DIRIXIDAS
CARA A ESTE COLECT/VO DENDE AS DIFERENTES ADMINSITRACIÓNS PÚBLICAS.

O documento final da Campaña “S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!” é o resultado dunha Campaña desenvolvida dende o 29 de Marzo (comezou cun Acto Público en Santiago de Compostela, ese día) ata o pasado 7 de Xuño, no que celebramos un Encontro Final de Traballo, do que saíu aprobado o documento que remitimos ao Presidente do Goberno do Estado Español. Realizamos tamén actos de presentación da Campaña en A Coruña, Ferrol e Boiro, e o documento final da Campaña conta ademáis co respaldo de diferentes grupos, asociacións e entidades como:

  • ­ ASOCIACIÓN LA PAZ (DAHIRA SALAM TOURA A Coruña),
  • ­ DOMU ÁFRICA,
  • ­ ÁFRICA UNIVERSAL,
  • ­ FRONTE CÍVICO SOMOS MAIORÍA A Coruña,
  • ­ S.O.S. SANIDADE PÚBLICA,
  • ­ RENACER,
  • ­ ASOCIACIÓN CULTURAL GAYOSO E SEOANE,
  • ­ FORO POLA MEMORIA DE GALICIA,
  • ­ MUNDO SIN GUERRAS Y SIN VIOLENCIA A Coruña,
  • ­ VE­LA LUZ, VIOLENCIA DE GÉNERO,
  • ­ 15­M MONTEALTO,
  • ­ ASOCIACIÓN VECIÑAL DA AGRA DO ORZÁN AGRA,
  • ­ ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA­GAITEIRA­OS CASTROS,
  • ­ PROXECTO CÁRCERE,
  • ­ STOP DESAFIUZAMENTOS A Coruña,
  • ­ LA CORUÑA SIN TECHO,
  • ­PROGRAMA TRANKI­MAGAZINE (CUAC FM),
  • ­PROGRAMA SIMPLEMENTE GENTE (CUAC FM),
  • ­CONCELLO DE OLEIROS: ALCALDÍA, CONCELLARÍA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL, CONCELLARÍA DE FACENDA, 1ER TENENTE DE ALCALDE, DELEGADA DE INTERIOR, SEGURIDADE CIDADÁ, FACENDA E URBANISMO, CONCELLARÍA DE ENSINO E XUVENTUDE;
  • ESQUERDA UNIDA ­ OS VERDES Grupo municipal A Coruña,
  • BNG Grupo municipal A Coruña,
  • ­UNIVERSIDADE DA CORUÑA, Oficina de Cooperación e Voluntariado,
  • ECOS DO SUR,
  • ASOCIACIÓN XABIER PITA ONG,
  • MÉDICOS DO MUNDO,
  • ASEMBLEA DE COOPERACIÓN PARA A PAZ,
  • ASOCIACIÓN MARUSÍA DE EMIGRANTES RETORNADOS,
  • ­COORDINADORA GALEGA DE ONG PARA O DESENVOLVEMENTO,
  • ­S.O.S. RACISMO ­ GALICIA,
  • ­PARTIDO HUMANISTA INTERNACIONAL A Coruña,
  • ­BLOQUE NACIONALISTA GALEGO,
  • ­ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA,
  • ­PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA A Coruña,
  • ­XUVENTUDES COMUNISTAS DE GALICIA A Coruña,
  • ­ESQUERDA UNIDA,
  • ­AMES NOVO,
  • ­EQUO A Coruña,
  • ­XUVENTUDE COMUNISTA GALEGA,
  • ­PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA,
  • ­PsdG-­PSOE Ferrol,
  • ­SINDICATO FERROVIARIO INTERSINDICAL A Coruña,
  • ­CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES / AS,
  • ­PLATAFORMA POLO EMPREGO, ASOCIACIÓN XIARA DE EMPREGADAS DE FOGAR,
  • ­COLEXIO OFICIAL DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA,
  • ­ASOCIACIÓN INTERNACIONALISMO PROLETARIO,
  • ­CENTRO TRABALLO E CULTURA DE CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE SANTIAGO,
  • ­SOMOS IGREXA GALIZA,
  • ­VANGARDA OBREIRA,
  • asociacións de veciños de diferentes cidades de Galicia e a maioría das asociacións de inmigrantes desta Comunidade Autónoma.

A Campaña pretendía concienciar ao conxunto da sociedade galega do forte impacto que as políticas das diferentes administracións públicas están a producir nos dereitos das persoas migrantes e as intolerables situacións que padecen, partiu de:

"Os aberrantes e vergoñantes acontecementos que están a suceder nos últimos meses nas  Fronteiras españolas de Ceuta e Melilla confirman as denuncias que se viñan realizando de prácticas violentas, posiblemente delictivas, e en todo caso irregulares por parte da Policía e da Garda Cívil no "control” desas fronteiras. Engadimos a iso, o intolerable anuncio do Goberno Central de realizar cambios lexislativos que regularicen ese tipo de prácticas (nomeadamente a expulsión inmediata sin garantías legais dos detidos xa no interior do territorio español) e actuacións, que van en contra dos máis elementais principios democráticos e dos dereitos humanos”.

E recordou, ademáis:

  • “­A exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación irregular.
  • A intensificación das redadas racistas e da persecución sistemática das persoas migrantes.
  • ­A persecución específica do colectivo de vendedores ambulantes na Galiza.
  • ­O aumento das situacións de explotación laboral do colectivo na Galiza, especialmente nos ámbitos do emprego doméstico, das explotacións agricola­gandeiras e do séctor pesqueiro.
  • ­Os fortísímos recurtes dos orzamentos públicos adicados ao Colectivo migrante da Galiza.
  • A existencia no Estado Español dos CIES e a continúa violación de dereitos que se producen nos mesmos".

Para rematar presentando as seguintes Propostas:

1.­ En relación coa EXCLUSIÓN SANITARIA, indicar que a aplicación do Real Decreto
16/2012, que introducía un cambio substancial no modelo sanitario está a xenerar graves situacións discriminatorias para o colectivo de persoas migrantes:
Por iso, solicitamos a inmediata Derogación do Real Decreto 16/2012 e polo tanto a volta a situación anterior. Así mesmo, esiximos a protección da saúde pública e a posta en marcha de Programas de Prevención que cheguen ao colectivo de persoas migrantes.

2.­ En relación cos RECURTES ORZAMENTARIOS E DE DEREITOS SOCIAIS que afectan ao colectivo de persoas migrantes e a outros grupos sociais de forma especial:
Solicitamos a necesidade de implantar unha renda básica das iguais, a nivel do conxunto do Estado Español, que supere as limitacións das rendas de inserción que xestionan as diferentes administracións autonómicas. Solicitamos tamén que estas rendas, mentres tanto, cheguen sen limitacións ao conxunto de persoas que as precisen.

Solicitamos tamén a non aplicación e a derogación da Lei de Racionalización do Réxime Local, para garantir o mantemento duns servizos mínimos de benestar social para o conxunto da cidadanía sen discriminación algunha.

Comprometémonos como Foro Galego de lnmigración na promoción da Iniciativa Lexislativa Popular sobre a Renda Básica das lguais e, tentando a coordinación cos colexios profesionais implicados, a denuncia das limitacións da RISGA e das vulneracións de dereitos sociais que se están a producir.

3.­ En relación coa PERSECUCIÓN DO COLECTIVO MIGRANTE, solicitamos a derrogación da actual Lei de Estranxeiría e do seu regulamento de aplicación; o cese da persecución cara ao colectivo migrante e das redadas racistas por cometer simples faltas administrativas; o peche definitivo dos CIEs ; e o cese dos voos de deportación masivos e do incuprimento dos máis elementais dereitos humanos na Fronteira Sur do Estado Español.
E por outra banda, o cese da persecución cara as persoas que desenvolven actividades de venda ambulante ou similares para a súa supervivencia e a das súas familias, coa a esixencia de implementación de programas de integración socio­laborais que permitan outras alternativas máis dignas para estas persoas.

4.­ En relación coas REFORMAS LABORAIS E A EXPLOTACIÓN LABORAL, indicar que constatamos un deterioro importante dos dereitos laborais do colectivo de persoas migrantes, como consecuencia das sucesivas reformas laborais dos últimos anos:
Por iso, solicitamos, o reestablecemento dunha lexislación laboral que garanta os dereitos d@s traballador@s e o desenvolvemento das inspeccións de traballo como medio efectivo para a loita contra a explotación laboral.

Para máis información: Miguel Fernández (662­307019) e Rocío Rodríguez (600­867480)

No hay comentarios:

Publicar un comentario